Monday 16 de September de 2024

33 rapaces laracheses participan en Cotobade no Campamento Deportivo organizado polo concello


A iniciativa inclúese no programa municipal de actividades de verán.

Nestes días celébrase no parque multiaventura Rías Baixas “Atalaia” da localidade pontevedresa de Cotobade o campamento deportivo que organiza o Concello.

Desde o luns e ata mañá mércores 33 rapaces laracheses de idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos -acompañados en todo momento por monitores especializados- están a realizar moi diversas actividades como kaiak, escalada en rocódromo, hípica, tiro con arco, rastrexo, tirolina, paintball e escape room, entre outras.

Esta é unha das moitas propsotas do programa municipal de actividades de verán que organiza o Concello durante os meses de xullo e agosto cos obxectivos principais de optimizar o tempo de ocio dos rapaces e facilitar a conciliación da vida persoal e laboral dos seus familiares durante as vacacións estivais nos centros de ensino.